ACORDES
PRESENTÁMOSCHE A MELLOR APLICACIÓN PARA CONSULTAR CALQUER ACORDE, ESCALA,... E TODO DA MANEIRA MÁIS RÁPIDA E INTUITIVA
Preme na imaxe para entrar na aplicación e consultar os acordes que precises e outros recursos
COMO LER OS ACORDES??
Que acordes teño que aprender primeiro??
Podes aprender a tocar a túa primeira canción agora mesmo! Pero primeiro debes aprender a facer ben cada un dos acordes que precisas para poder tocar a mesma.
E agora vai a boa noticia! É moito máis sinxelo do que parece. Só se precisa o mesmo que para facer calquera outra cousa na vida; confianza, perseveranza, un chisco de práctica, e o máis importante, constancia.
Debes practicar 5-10 minutiños varios días á semana! Deixar pasar unha semana ou dúas sen tocar despois da clase, vai facer que cando o retomes, volvas a estar no mesmo punto de partida😟 E para isto, os "atracóns" non serven de moito (non é como chaparse un texto). O noso cerebro precisa un tempo para adquirir e coordinar os diferentes movementos.
Por poñer un símil, sería como aprender a andar en biclicleta, ou a nadar... Ao principio require de moita práctica... Pero a vantaxe é que unha vez que o consegues, eres quen de facelo "de por vida". Así que, este pequeno esforzo ao principio, despois ten unha grandísima recompensa!!
Na seguinte ilustración podes visualizar e reforzar a comprensión desta "forma" na que se representan na escrita os acordes:
- Que man emprego para facer os acordes no mástil? Pois depende...
Se eres diestro empregarás a man esquerda para facer os acordes no mástil e a dereita para rasgar as cordas, puntear etc
Se eres zurdo, farás xusto o contrario! Pero lembra que entón, é preciso invertir a orde das cordas no teu ukelele. Para que as posicións coincidan coas notas que debes facer. Así, a 1ª corda pasaría a ser a 4ª (e viceversa). E intercambiariamos tamén a 2ª e 3ª corda.
- Fíxate que na marxe dereita da imaxe, podes ver un debuxo do mástil dun ukelele, que nos indica a posición na que están orientados os acordes escritos, con respecto ao instrumento (en vertical, non en horizontal).
- No primeiro dos acordes (do), podes ver a ubicación/numeración das cordas e tamén dos trastes/espazos que dividen o mástil e nos servirán para tocar as diferentes notas ou acordes.
- Os círculos de cores , representan xusto onde debes "pisar" as cordas. Refírome cos dedos eh!!! Non vaias destruír o teu ukulele, jeje. Ben, pois dentro destes mesmos "círculos de cores", a través dun número, indícasenos con que dedo temos que "pisar" nese traste/corda. Podes ver na mesma imaxe, o número que se corresponde con cada dedo da man. E tamén che deixo unha máis grande ao rematar esta explicación, para que o poidas ver con máis claridade.
- Lembra que para poder facer ben algúns acordes, é moi importante amoldar o movemento do teu pulso ("muñeca"). Para isto, xirarala dependendo do ángulo e altura da corda á que precises levar os teus dedos. Este xiro farase, tanto de dereita a esquerda como de adiante cara atrás (axudándote por suposto do consecutivo xiro do cóbado e hombreiro para estes "balanceos").
- Como coloco os dedos? Debes colocar a punta do dedo "en forma de garra". Para facer a pulsación coa punta da xema e evitar así non ensuciar o son doutras cordas etc. Todo isto faise principalmente, coa flexión das nosas dúas últimas "xogas" dos dedos.
ENTENDER MÁIS COUSIÑAS DOS ACORDES DE UKELELE:
Como ler os acordes de ukelele?
Para empezar, é importante lembrar a afinación do teu ukelele. Este ten que estar afinado, como vemos na foto, G - C - E - A (sol – do – mi - la)
Pero non esquenzas, que normalmente, cando se representan os acordes na escrita, colócase o “debuxo” do mástil en vertical, como se puxeramos de pé o ukelele co clavixeiro cara arriba. É importante que te familiarices con isto para entender de forma máis rápida a posición dos dedos en cada acorde.
Xa co noso uke ben afinado, e coa enerxía para cambiar as nubes por soles e invocar a bailarinas e surfistas, imos ao choio!
Unha das partes máis complicadas cando nos enfrontamos a un novo instrumento como o ukelele é aprenderse os acordes. Por sorte, tan só hai catro cordas, polo que memorizalos será máis fácil que os dunha guitarra.
De todos modos, o máis eficaz é ilos aprendendo “aos poucos”, para que o proceso non se faga denso. Por iso, o primeiro que debes facer é ir memorizando os acordes que vaias precisando saber para empezar a tocar as cancións que che propoña na clase ou outras ti desexes tocar/cantar.
De todos os xeitos, non te desesperes, é normal que ao principio teñas que consultalos continuamente, que che doian os dedos ao poñelos ou que non soen tan ben como deberían. Querido ukelelista, o mellor consello que xamais ninguén che dará á hora de tocar un instrumento empeza por “P”e acaba por “aciencia”. Iso é, paciencia. Canto máis practiques, mellor vai saír. Non necesitas ser un xenio da música nin ter unha gran habilidade nos teus dedos para tocar ben.
Que son todas esas letras?
Cando colliches un ukelele por primeira vez, seguro que quixeches aprender a tocar unha desas cancións que tanto che gustan. Nas lapelas de “Cancións” da web poderás empezar a tocar un montón delas con tan só saber 4/6 acordes!
O máis probable, se non estudaches música antes, é que tamén te sorprendas ao ver letras e números e outras nomenclaturas“raras”. Que se Cmaj7, que se Abm… Pero, que significa todo isto?
Ben, o primeiro de todo é entender o básico. As letras para nomear as notas proveñen da notación americana ou anglosaxona. Alí en lugar de... “do, re, mi, fa, sol, la, si, do”,teñen C, D, E, F, G, A, B. Poida que de primeiras che pareza un pouco complexode aprender, pero é moi útil e importante sabelo,xa que a meirande parte das "tablaturas” e acordes de cancións veñen con esta notación americana.
E, a que equivale entón cada cousa?
Pois como puideches observar, os ingleses sempre foron máis raros que un can verde 😂
E eles pois decidiron empezar a contar a escala musical dende o LA. Ao cal chaman A.
Despois do LA, viría o SI, que recibe o nome de B. E así sucesivamente ata chegar á G, nóta SOL.
Aquí tes unha imaxe, que como se adoita dicir, vale máis que mil palabras:
Un truquiño moi bo para acordarse é que a nota “LA”é a única que ten unha “a”no seu nome, e esta equivale á “A”de a notación anglosaxoa. No caso da nota “FA”,empeza pola letra “F”, equivalente á “F” no sistema anglosaxón.
Que significa maj, m, #ou bnos acordes?
Agora que xa sabes que cando pon “C” nunha “tablatura”, tés que tocar o acorde de Do. Fenomenal!
Pero agora veñen algunhas outras cousas que quizais non comprendas. Vexamos supostos prácticos que nos poden confundir un chisco:
-Que significa C#? Pois isto significa Do “sostido” (sostenido), un semitono ou “medio tono” por enriba de Do.
- Que quere dicir Gm? Isto é o acorde de Sol, pero neste caso menor (un acorde menor é o irmanciño triste do acorde maior, así para aclararnos jeje). Para o acorde de Sol maior con dicir G basta, non é necesario especificalo como Gmaj.
- Que significa Dmaj7? Pois isto é un acorde de Re maior sétima, algo que para resumir moitísimo sería como un Re maior pero máis vacilón 😛
E por último, que quere dicir Ab? Pois isto sería un A bemol, é dicir, “baixando do A”. Isto axúdame moito a diferenciar os acordes “sostenidos”dos “bemoles”:
(b)bemol=baixas // (#) sostenido=subes
Agora que xa somos uns expertos e xa nada poderá impedirnos interpretar os grandes clásicos do ukelele, falemos dos acordes de ukelele.
Os acordes de ukelele máis importantes
A seguinte imaxe servirache para toda a túa vida!
Recoméndoche que a imprimas, que a colgues como un póster na túa parede, que a gardes no teu ordenador/tablet de traballo escolar... Verás como grazas a isto, en nada te convertes nun auténtico experto do ukelele!