TALLER: MELLORA O TEU INSTRUMENTO
Neste apartado atoparás información e titoriais que che servirán para mellorar pequenas deficiencias constructivas do teu ukelele. Moi habituais nos instrumentos de corda de gama baixa. Con pequenos axustes poderás facer que o teu instrumento quede perfecto. Pero ollo, sempre coa supervisión e axuda dun adulto!!
AGORA SERACHE MÁIS SINXELO TOCAR:
Se o teu instrumento precisa estes axustes, seguro que notas que che doen excesivamente os dedos da man ao premer para facer os acordes ou tocar unha melodía. E polo tanto che soa moito peor o instrumento.
Coa axuda dun adulto mañoso todos estes problemas acabaranse e estarás en condicións de avanzar a un ritmo moito máis alto e cunha motivación extra, pois tocar será un pracer!!