SOBRE O PROXECTO
No CEIP Plurilingüe da Ramallosa somos conscientes da relevancia da transformación das comunidades de aprendizaxe, e esforzámonos día a día para seguir incorporando metodoloxías innovadoras e motivadoras na aula. Un exemplo disto foi a introdución no curso escolar 2018_19 do “Proxecto UkeCole”, a través do que incluímos a práctica instrumental do Ukelele, ao Proxecto Curricular da Área de Ed. Musical.
Historia do proxecto: O primerio ano comezamos o mesmo nos cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria cun éxito total! A pesares dos recelos puntuais, como é habitual cando se nos presenta algo "a priori" descoñecido ou novidoso.
O curso seguinte, dada a situación propiciada pola COVID 19, e a súa influenza na práctica da Frauta na aula, co fin de minimizar o seu emprego, extendemos o proxecto aos cursos de 3º e 4º de Ed. Primaria combinando esta experiencia educativa coa inclusión do "Proxecto de Música Tradicional" do centro, no que entre outras cousas, o alumnado aprende a tocar a pandeireta dende o curso de 3º de Ed. primaria ata 6º.
Despois dunha sondaxe previa, explicándolles ao noso alumnado esta experiencia innovadora, ilusionáronse enormemente. Pois a parte do que supón academicamente, tamén aportará un desenvolvemento para os cativos da parte social e cultural. Permitíndolles tocar e cantar en calquera festa familiar, xuntanza cos amigos, etc. Tanto agora, como máis adiante, durante a súa etapa no instituto, facultade ou noutras moitas vivencias.
A Práctica Instrumental. Vantaxes!!
Este instrumento de corda de timbre agradable, é moi fácil de tocar e conta cun amplo repertorio que favorecerá ademais a mellora na técnica vocal a través do canto. Son moitas as vantaxes que xustifican a elección do “Ukelele” para incorporalo no currículo da citada área. Entre elas podemos destacar as seguintes:
1. É económico se o comparamos a calquera outro instrumento.
2. Fácil de transportar, pois ocupa pouco espazo e pesa pouco.
3. O seu repertorio é moi variado.
4. É relativamente sinxelo de tocar.
5. Ten un tamaño ideal para o alumno, o que facilita a aprendizaxe.
6. É divertido e menos molesto que outros instrumentos polo seu timbre e sonoridade.
7. É un instrumento versátil, pois pódese traballar tanto a melodía como a harmonía.
8. Permite cantar e tocar ao mesmo tempo.
10. Adáptase relativamente fácil a alumnos con Necesidades Educativas.
11. Está e estará moi de moda, polo que os seus fillos sentiranse máis que realizados de poder tocalo.
VÍDEO DE VISIONADO MÁIS QUE RECOMENDABLE