BLUES DA CONVIVENCIA
2ª AVALIACIÓN/TAREFAS
Por suposto, seguiremos mellorando na práctica dos acordes, traballados durante toda a primeira avaliación:
DO (C) SOL(G) LAm (Am) FA(F) e RE7(D7)
Atoparás axuda para practicalos na xanela de "acordes" desta páxina web
Pero centrarémonos especialmente en traballar na progresión de acordes dun BLUES
Con eles crearemos unha canción do cole; "O Blues da Convivencia".
Canción oficial do que será o Proxecto de Convivencia do centro, que levaremos a cabo a través da coordinación do Equipo de Orientación do centro e levará por nome, "Ramalloseir@s pola convivencia".
A través deste proxecto tentaremos mellorar a convivencia e resolución de conflictos entre o alumnado. Que debido a diferentes situacións e protocolos propiciados pola pandemia, se está a ver máis afectada incluso que en cursos anteriores.
Tendes que ir practicando os acordes e ritmos da canción que imos a compoñer, e como reforzo e apoio ao traballo na aula, déixovos un video de Carlos Asensio, promotor da canle "Guitarra viva". Se non lembrades o traballo que fixemos na aula, seguide as directrices deste video para traballar na casa co voso ukelele.
Lembrade que temos que aprendernos todo o video eh...
Non vale só con mirar os primeiros tres acordes jeje
BASES MUSICALES PARA PRACTICAR:
PROXIMAMENTE...
Teredes aquí xa a letra cos acordes e tamén a base musical para poder tocar toda a peza.
Pero, como soe dicirse... Non podemos empezar a casa polo tellado!
Así que, practicade moito!! Para podermos estar tocando todos canto antes, este pedazo de...
"Blues da convivencia"
E como o traballo ten recompensas... A parte de levar unha "notazaaaa" na avaliación...
O Alumnado que máis se esforce, e sexa quen de tocar o antes posible a canción, terá a oportunidade de formar parte do "videoclip" final que publicaremos da canción.