TEORÍA Importante UKELELE
Información de estudo obrigado para coñecer e entendera práctica instrumental do ukelele!!
PASOS PARA CONVERTIRTE NUN/NUNHA SÚPER UKELELISTA!!
(Estes consellos iniciais son de lectura obrigada!! Ao longo do texto podes entrar nos enlaces para que entendas a que nos referimos con cada contido)
GUÍA DE NOCIÓNS BÁSICAS. TEORÍA IMPRESCINDIBLE.
COÑECE O UKELELE E COMO AVANZAR NO INSTRUMENTO
É DE ESTUDO OBRIGADO!!
1. Aprenderte ben o cifrado americano, a numeración dos dedos da man coa que colocamos os acordes no mástil e a numeración de cordas e trastes ou espazos do mástil
Toda esta información está máis detallada no apartado de ACORDES e axudarache a aprender a afinar, recoñecer as cordas e os diagramas de acordes.
2. Como aprendo a acompañar unha canción:
2.1 Primeiro teño que memorizar a posición da cada un dos acordes da canción de maneira ordeada. Un a un e seguindo a estructura armónica indicada. Para isto podes axudarte da tarxeta que temos cos diagramas de acordes principais no instrumento.
Para isto debes adicar aproximadamente uns 15m un par de tardes (concentrado).
2.2 Agora debo practicar a dixitación dos mesmos de forma individual e despois tentando facer o cambio ao seguinte acorde da canción, para ir gañando rapidez neste proceso. Sen ritmos complexos, só rasgando as cordas cara abaixo coa man que ritma.
Adicando 5m durante 3-4 tardes á semana, serás todo un profesional e poderás sacar unha notaza en ukelele.
2.3 Unha vez que saibas os acordes poderás practicar e os ritmos que queiras facer sen ningún outro recurso máis que o teu instrumento. Non precisarás ordenador nin nada de nada de nada. Soíños ti e o teu ukelele!!
De novo, adicando eses 5 minutos dos que falabamos no punto anterior, 3 ou 4 tardes á semana, será suficiente
2.4 Agora que xa sabes facer os acordes e o ritmo dunha maneira fluída podes tocar acompañando o vídeo ou o audio da canción que xa sabes. Chegou a hora de gozar tocando!! E o teu esforzo obtén agora a recompensa de poder tocar o que te propuxeches e ensinarlle aos teus achegados os teus avances como instrumentista.
Como sempre vos digo, para tocar un instrumento, como en case todas as cousas na vida, o máis importante é o voso esforzo, constancia e perseverancia. Así aprendemos a facer case todo na vida; escribir, ler, nadar, montar en bici, xogar ao balompé ou o baloncesto, etc
=========================================
ORIXE DO UKELELE / TIPOLOXÍA DE UKELELES
O Ukelele é un instrumento de corda pulsada utilizado como instrumento principal na música das Illas Hawai, Tahití e a Illa de Pascua que orixinalmente tiña cinco cordas. É unha adaptación do "cavaquinho portugués" creada na década de 1880 en Hawai por inmigrantes portugueses. Posteriormente difundiuse pola Polinesia francesa e na Illa de Pascua cun tallado máis rústico, dando lugar ao ukelele tahitiano ou polinésico. Na Polinesia non existían instrumentos de corda antes dos séculos XIX e XX, respectivamente, sendo o ukelele un instrumento recente nesta cultura.
Os hawaianos Jake Shimabukuro ou Israel Kamakawiwo' ole, son famosos intérpretes de ukelele hawaiano.
TIPOS DE UKELELE MÁIS CARACTERÍSTICOS
Premendo na seguinte imaxe poderás visitar unha guía sobre o ukelele moi interesante sobre o instrumento cortesía da tenda online de música "Thoman".