Toda esta información está máis detallada no apartado de ACORDES e axudarache a aprender a afinar, recoñecer as cordas e os diagramas de acordes.
2. Como aprendo a acompañar unha canción:
2.1 Primeiro teño que memorizar a posición da cada un dos acordes da canción de maneira ordeada. Un a un e seguindo a estructura armónica indicada. Para isto podes axudarte da tarxeta que temos cos diagramas de acordes principais no instrumento.
Para isto debes adicar aproximadamente uns 15m un par de tardes (concentrado).
2.2 Agora debo practicar a dixitación dos mesmos de forma individual e despois tentando facer o cambio ao seguinte acorde da canción, para ir gañando rapidez neste proceso. Sen ritmos complexos, só rasgando as cordas cara abaixo coa man que ritma.
Adicando 5m durante 3-4 tardes á semana, serás todo un profesional e poderás sacar unha notaza en ukelele.
2.3 Unha vez que saibas os acordes poderás practicar e os ritmos que queiras facer sen ningún outro recurso máis que o teu instrumento. Non precisarás ordenador nin nada de nada de nada. Soíños ti e o teu ukelele!!
De novo, adicando eses 5 minutos dos que falabamos no punto anterior, 3 ou 4 tardes á semana, será suficiente
2.4 Agora que xa sabes facer os acordes e o ritmo dunha maneira fluída podes tocar acompañando o vídeo ou o audio da canción que xa sabes. Chegou a hora de gozar tocando!! E o teu esforzo obtén agora a recompensa de poder tocar o que te propuxeches e ensinarlle aos teus achegados os teus avances como instrumentista.
Como sempre vos digo, para tocar un instrumento, como en case todas as cousas na vida, o máis importante é o voso esforzo, constancia e perseverancia. Así aprendemos a facer case todo na vida; escribir, ler, nadar, montar en bici, xogar ao balompé ou o baloncesto, etc
VÍDEOS PARA MOTIVARTE!!
Escoita o que podes chegar a facer co teu ukelele!!
(Non é materia de exame para avaliar)
Anímaste con black in black de AC/DC??
(Non é materia de exame para avaliar)
Exercicios de técnica para tod@s!!
QUERO TOCAR O UKELEL XA!!
Un titorial coas cousas básicas para entender a dinámica de tocar o ukelele.
Iso si, sen práctica non hai recompensa! Non nos engañemos!
EXERCICIOS DE DIXITACIÓN
Traballo obrigado para iniciar xa todos nas primeiras semanas.
CÍRCULOS DE ACORDES
Este vídeo está dirixido principalmente ao alumnado de 5º e 6º.
Pero se estás empezando che apetece saber máis cousiñas do mundo acordes... Adiante!!
PEZAS AVALIABLES PARA TOCAR
"SamaGosto"
NIVEL/CURSO: 4º - 5º-6º E.P.
EXAME 4º, 5º e 6º: Entre o luns 4 de novembro e o venres 8 de novembro
6º de Ed. Primaria fará un exame dos acordes (acompañamento) e outro da melodía
En 5º o de melodía é voluntario. e os de 4º non teñen que aprender a melodía
Tema orixinal do centro que recuperamos un ano máis co obxectivo de tocalo na festa do magosto e ou o samaín.
TITORIAL coa armonía/acordes para o Ukelele
TITORIAL coa melodía para o Ukelele (só para 6º. En 5º voluntario)
TOCA TODA A CANCIÓN CON CHORDIFY
CANCIÓN ORIXINAL
FORMA (Estructura e ACORDES)
Intro: Non tocamos nada. Agardamos á parte rítmica, despois do arpexio de guitarra
Parte 1: Am - G - C - Em7 (2 pulsos cada acorde e 2 veces toda a secuencia de acordes) // Letras (Xa chegou o samaín.../O magosto está aquí...)
Parte 2: F - G - F - G (2 pulsos cada acorde e 2 veces toda a secuencia de acordes)
// Letras (Coas nosas cabazas... / Cantando e... / Ja ja ja...)
Coa canción orixinal, esta secuencia de acordes repítese 5 veces:
Neste pdf xeral, podedes ver todas as letras e os enlaces aos audios sen acordes (Excepto a peza "Aló entre as pallas"). Os acordes das letras poden estar noutra tonalidade. Estudar os mesmos de momento a través do Chordify
O PELO ROXIÑO (4º EP)
EXAME: 3ª semana de decembro/ Do 16 ao 19 de decembro
Obxectivo: Cantar e tocar a canción en grupos de 3 alum@s
UNHA POUCA ROUPIÑA (5º EP)
EXAME: 2ª semana de decembro/ Do 9 ao 13 de decembro
Obxectivo: Cantar e tocar a canción en grupos de 3 alum@s
- Primeiro control: 1ª semana de febreiro (días 3 a 7)
OBXECTIVO: Facer a secuencia de acordes fluída (sen seguir o acompañamento musical - cada un á súa velocidade pero sen retardar os cambios de acorde)
Podedes seguir a estructura dos acordes na propia letra da canción. Está cada acorde debaixo das sílabas onde xusto se fai o cambio de acorde.
- Segundo control: 3ª Semana de Febreiro (días 17 a 21)
OBXECTIVO: Debes ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música do blues da convivencia.
Tamén debes ser quen de tocar a canción enteira co ritmo do "meñique" seguindo a música do blues da convivencia. Todo o que traballamos desta variante está explicado a partir do minuto 11 do mesmo titorial co estamos a trabalar a canción.
Tamén vos deixo máis abaixo unha pequena ficha para que vos axude co tema do ritmo.
Retomamos este hit composto por e para todos os Ramalloseir@s para o "Proxecto de convivencia do centro", no que este ano iniciaremos novos retos.
Vídeo para estudar todos os "acordes" e o "riff final" deste blues!!
AUDIO PARA PRACTICAR DE CARA AO SEGUNDO EXAME,
CANDO TEÑADES DOMINADA A SECUENCIA DE ACORDES
(Podedes baixarlle a velocidade ao vídeo a - 0,75 ou menos se o precisades)
Preme na imaxe para ver a LETRA E ACORDES:
Estructura de acordes de cada parte do blues
Preme AQUÍ para descargar a imaxe coa estructura de acordes de cada parte do blues
Outras actividades co Blues da Convivencia
Aula combo:
Tocaremos e cantaremos o blues con diferentes instrumentos e acompañamentos; baixo eléctrico, batería, PAD-Placas (xilófonos, metalófonos...), uso do micrófono, etc
(Deberán ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música)
A EXPLICACIÓN DO RIFT EMPEZA A PARTIR DO MINUTO 4:30
ATENCIÓN: O titorial ten un erro. No segundo acorde de FA, as posicións dos dedos "flotantes" que fan o xogo de rift (anular e meñique) fanse no traste 2 e 3 da terceira corda (non no 3 e 4), como indican no vídeo. Buscarei outro titorial, pero de entrada, podemos ir traballando con este vídeo, tendo en conta o que vos digo.
BASE PARA PRACTICAR CANDO TEÑADES DOMINADA TODA A SECUENCIA DE ACORDES
(Tendes que baixarlle a velocidade ao vídeo a - 0,75 ou menos se o precisades)
Flamenco; "Aprendemos Malagueñas"
A malagueña xurdiu a principios do século XIX na comarca de Málaga como un baile cantado derivado do flamenco. Ao longo deste século séguese representando en toda Andalucía, acadando gran popularidade. Máis info aquí
NIVEL/CURSOS: 5º e 6º E.P
EXAME: 1º Exame (parte A e B), semana do 3 ao 7 de febreiro
2º Exame (toda a peza), semana do 17 ao 22 de febreiro
"A SKY FULL OF STARTS"
NIVEL/CURSOS: 6º E.P
EXAME: Exame final 6ºC, semana do 3 ao 7 de febreiro
Exame final 6ºA e B, semana do 17 ao 22 de febreiro
(Deberán ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música na aplicación de ChordyFy)
IMAGINE(John Lennon)
NIVEL/CURSOS: 5º - 6º E.P
EXAME: PROGRAMANDO
FORMA/Estructura de acordes
INTRO/ParteA/Arpexio:C (x3) CM7(x1)F(x3) + melo enlace(2+4 con voz)
//Dado que está a dar problemas o titorial na aplicación de Chordify, comparto titorial publicado en youtube//
"ROCK DO PAÍS" (Ruxe Ruxe)
(Nivel de dificultade: Medio-baixo)
Madriñas de 6º A = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
Letra e Karaoke aquí. Ollo!
https://www.musica.com/letras.asp?letra=2184373
"CHURRASCO DE MAMUT" (Pakolas)
(Nivel de dificultade: Medio-baixo)
Padriño de 4º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
FABRICANDO LUZ ("A banda da Loba").
(Nivel de dificultade: Medio_alto-baixo)
Madriñas de 5º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
EL ANILLO PA CUANDO ("De Vacas").
(Nivel de dificultade: Medio_alto-baixo)
Madriñas de 6º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
"CHOVE EN SANTIAGO" (Versión de ASTAROT)
2ª Proposta: (Nivel de dificultade: Medio_alto)
NIVEL/CURSO:Esta é unha das proposta seleccionadas especialmente para o curso de 6ºC polo proxecto "Aulas Musicais". Un dos temas máis fermosos dos seus padriños; "Astarot".
EXAME: Non faremos exame. Contará só para subir nota como actividade voluntaria!!
* Outros retos para esta avaliación:
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º - 6º
Aprenderemos a tocar o sólo de ukelele e o papel de outros instrumentos acompañando o "Blues da convivencia"; Baixo eléctrico, batería e instrumental Orff.
Preme neste enlace para ver diferentes titoriais de batería e baixo eléctrico. E ir collendo así a técnica básica😉