GUÍA TAREFAS CURSO 2021_22
Benvid@s a un novo curso!!
Este ano empezamos con marcha o noso Proxecto Ukelele!! Pois traballaremos sobre un dos
hit´s deste verán, "La Cucaracha" do grupo "El Combo Dominicano".
Unha proposta musical demandada polo alumnado, que finalmente me decidín a facer, a pesares de que as letras deste estilo de cancións son normalmente difíciles de encaixar a nivel educativo.
Pero como temos que ir cos tempos, e dando "unha de cal e outra de area", (para motivar aos ukelelistas), darémoslle a volta e aproveitaremos para traballarmos dende un enfoque educativo o tratamento das letras nas cancións.
Aquí vos deixamos o link desta versión en merengue que o grupo fixo en homenaxe ao gran compositor e artista portorriqueño "Ramón Alberto González"
Pero lembrade que sen sacrificio non hai recompensa!!
Temos que traballar os acordes que xa estamos a explicar na clase. Con este titorial poderedes tocar a peza e resolver calquera dúbida durante o estudo.
E lembrade, só tendes que memorizar as posicións dos acordes (onde vai cada dediño) e practicar os cambios de acorde 5-10 minutiños polo menos tres días á semana.
E non esquenzades seguir tocando os outros acordes e cancións que xa sabedes!!
- O noso "SamaGosto" (titorial en proceso de edición)
ACORDES
Parte 1: Am - G - C - Em (2 veces) // Letras (Xa chegou o samaín.../O magosto está aquí...)
Parte 2: F - G - F - G (2 veces) // Letras (Coas nosas cabazas... / Cantando e... / Ja ja ja...)
Dado que temos ás TANXUGUEIRAS, grupo musical do noso Concello, a piques de ser seleccionadas para representarnos no Festival de Eurovisión deste ano. Os ramalloseir@s imos estar con elas a tope!!
Tocareos e cantaremos tanto co UKELELE como coa pandereta este pedazo de tema, que sen dúbida gañará o festival de Eurovisión deste 2022!!
Parabéns veciñas!!
Déixovos aquí os acordes para que vaiades practicando e en nada teredes tamén aquí o titorial de video que vos estou a preparar!!
Estructura: É relativamente "sinxela" armónicamente. Ten dúas estructuras de catro acordes, unha para as estrofas e outra para o retrouso e a maiores unha PONTE que empregan cara o final da canción antes de entrar no retrouso final.
ESTROFAS + RETROUSO:
Dm F SIb A-A7
PONTE:
SIB C Dm (2 veces)
Dm F SIb A-A7
(PODES DESCARGAR ESTA FICHA DE ACORDES E IMPRIMILA)
Aquí tendes a letra cos acordes de "TERRA", en formato descargable!!
Para empezar canto antes a tocala e cantala!!
PRACTICA CON TERRA ESTE RITMO DE "PANADERAS"
A ORIXE DO RITMO DE "PANADERAS"
OUTROS RITMOS DE "PANEDERAS"
==================================================
ÚLTIMAS PROPOSTA PARA SUBIR NOTA ESTA 2ª AVALIACIÓN
Dado que case non queda moito tempo para traballar esta segunda peza, imos adicar este último mes a traballar unha peza faciliña que nos cantan os nosos prezados MINI e MERO. Como sabedes, son fundadores de "Fuxan os ventos", "A Quenlla", e outras moitas formacións galegas. Pois eles son representantes por excelencia do movemento de defensa pola nosa música, lingüa e cultura, durante o final do franquismo e os principios da Transición (décadas dos 70-80). Identificando o fenómeno galego chamado canción protesta.
Neste caso presentamos unha canción que leva por título "As árbores da Fraga". E que vai totalmente coa temática do proxecto "ECOTEO: Ramalloseir@s coa natureza" que estamos a facer no centro.
Se premes no enlace de youtube do video, poderás atopar a letra da canción na descripción do mesmo.
Así podemos cantala e tocala todos xuntos o 21 de marzo, día da árbore o bosques.
O 21 de Marzo é o primeiro día do outono no hemisferio sur e o primeiro da primavera no hemisferio norte. Deste xeito para darlle carácter simultáneo en todo o mundo, os estados membros da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) elixiron, en 1971, esta data para celebrar o Día Forestal Mundial, Día da Árbore.
E déixovos outra canción fermosa para os máis aventaxad@s!! Outra das propostas que vos fixen e que por desgraza nos ben xenial para lembrar e reivindicar todos/as xuntos/as o noso NON ÁS GUERRAS!!
==================================================
WELLERMAN Para todos os cursos (3º, 4º, 5º e 6º)
Premede no enlace do nome para entrar na unidade didáctica realizada en coordinación coa Área de Inglés grazas a esta fermosa proposta da profe Cruz.
MOI PRONTO teremos a canción en galego e Inglés!!
"Historia e fenómeno viral desta canción tan antiga"
"Titorial 1 Acordes despacio e canción enteira en español"
Recoméndovos empregar a cejilla no acorde de DO menor (en lugar dos dedos 1 2 e 3).
ESTRUCTURA/FORMA:
(A) ESTROFAS:
DOm (4 pulsos) FAm (2 pulsos) DOm (2 pulsos) [BIS - repetimos todo]
(B) RETROUSO:
[FAm (2 pulsos) DOm (2 pulsos)]repetimos 3 veces + SOL (2 pulsos) DOm (2 pulsos)
Toda esta secuencia repítese varias veces seguindo este patrón:
(A) (B) (A) (BB) [Repetimos toda esta estructura 3 veces]
"Titorial 2 Canción enteira tocada en español"
Aquí tendes o audio para tocar e cantar a canción!!
"Armonía vocal: Como cantar con voces esta canción"
IMAGINE (JOHN LENNON): Só para o curso de 5º // En 4º é voluntario para subir nota
Preme no nome para coñecer máis segredos sobre esta canción!
Retomamos esta fermosa canción fermosa para os máis aventaxad@s!! Unha proposta que algúns empezastes a traballar na 2ª avaliación e que nos ben xenial para lembrar e reivindicar todos/as xuntos/as o noso NON ÁS GUERRAS!!
GREENSLEEVES: Só para traballar o curso de 6º
Preme no nome para coñecer a información sobre este fermosa canción tradicional inglesa.
TITORIAL ACORDES E MELODÍA
RESULTADO TOCANDO MELODÍA E ACORDES