TAREFAS CURSO 2023_24
TÁBOA DE RITMOS PARA OS EXAMES DE PANDEIRETA AQUÍ
"HIMNO DA RAMALLOSA"
PASOS PARA CONVERTIRTE NUN/NUNHA SÚPER UKELELISTA!!
(Estes consellos iniciais son de lectura obrigada!! Ao longo do texto podes entrar nos enlaces para que entendas a que nos referimos con cada contido)
1. Aprenderte ben o cifrado americano, a numeración dos dedos da man coa que colocamos os acordes no mástil e a numeración de cordas e trastes ou espazos do mástil
Toda esta información está máis detallada no apartado de ACORDES e axudarache a aprender a afinar, recoñecer as cordas e os diagramas de acordes.
2. Como aprendo a acompañar unha canción:
2.1 Primeiro teño que memorizar a posición da cada un dos acordes da canción de maneira ordeada. Un a un e seguindo a estructura armónica indicada. Para isto podes axudarte da tarxeta que temos cos diagramas de acordes principais no instrumento.
Para isto debes adicar aproximadamente uns 15m un par de tardes (concentrado).
2.2 Agora debo practicar a dixitación dos mesmos de forma individual e despois tentando facer o cambio ao seguinte acorde da canción, para ir gañando rapidez neste proceso. Sen ritmos complexos, só rasgando as cordas cara abaixo coa man que ritma.
Adicando 5m durante 3-4 tardes á semana, serás todo un profesional e poderás sacar unha notaza en ukelele.
2.3 Unha vez que saibas os acordes poderás practicar e os ritmos que queiras facer sen ningún outro recurso máis que o teu instrumento. Non precisarás ordenador nin nada de nada de nada. Soíños ti e o teu ukelele!!
De novo, adicando eses 5 minutos dos que falabamos no punto anterior, 3 ou 4 tardes á semana, será suficiente
2.4 Agora que xa sabes facer os acordes e o ritmo dunha maneira fluída podes tocar acompañando o vídeo ou o audio da canción que xa sabes. Chegou a hora de gozar tocando!! E o teu esforzo obtén agora a recompensa de poder tocar o que te propuxeches e ensinarlle aos teus achegados os teus avances como instrumentista.
Como sempre vos digo, para tocar un instrumento, como en case todas as cousas na vida, o máis importante é o voso esforzo, constancia e perseverancia. Así aprendemos a facer case todo na vida; escribir, ler, nadar, montar en bici, xogar ao balompé ou o baloncesto, etc
PARA MOTIVARTE!!
Escoita o que podes chegar a facer co teu ukelele!!
(Non é materia de exame para avaliar)
Anímaste con black in black de AC/DC??
(Non é materia de exame para avaliar)
Exercicios de técnica para tod@s!!
QUERO TOCAR O UKELEL XA!!
Un titorial coas cousas básicas para entender a dinámica de tocar o ukelele.
Iso si, sen práctica non hai recompensa! Non nos engañemos!
Traballo obrigado para iniciar xa todos nas primeiras semanas.
CÍRCULOS DE ACORDES
Este vídeo está dirixido principalmente ao alumnado de 5º e 6º.
Pero se estás empezando che apetece saber máis cousiñas do mundo acordes... Adiante!!
PEZAS AVALIABLES PARA TOCAR
"SamaGosto"
NIVEL/CURSO: 4º-5º-6º E.P.
EXAME: 2ª semana novembro (13 a 17)
Tema orixinal do centro que recuperamos un ano máis co obxectivo de tocala na festa do magosto e o samáin.
FORMA: Estructura ACORDES
Intro: Non tocamos nada. Agardamos á parte rítmica, despois do arpexio de guitarra
Parte 1: Am - G - C - Em7 (2 veces) // Letras (Xa chegou o samaín.../O magosto está aquí...)
Parte 2: F - G - F - G (2 veces) // Letras (Coas nosas cabazas... / Cantando e... / Ja ja ja...)
Esta secuencia de acordes repítese 5 veces: Melodía, voz, asubío,voz, solo
Descarga a partitura básica da melodía aquí
Comprobar posicións de acordes aquí
TITORIAL coa armonía/acordes para o Ukelele
TITORIAL coa melodía para o Ukelele (só para 6º. En 4º e 5º voluntario)
NIVEL/CURSOS: 5º e 6º E.P
EXAME: Última semana de Novembro (27 Nov a 1 de dec)
(Debes ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música)
A EXPLICACIÓN DO RIFT EMPEZA A PARTIR DO MINUTO 4:30
ATENCIÓN: O titorial ten un erro. No segundo acorde de FA, as posicións dos dedos "flotantes" que fan o xogo de rift (anular e meñique) fanse no traste 2 e 3 da terceira corda (non no 3 e 4), como indican no vídeo. Buscarei outro titorial, pero de entrada, podemos ir traballando con este vídeo, tendo en conta o que vos digo.
BASE PARA PRACTICAR CANDO TEÑADES DOMINADA TODA A SECUENCIA DE ACORDES
(Tendes que baixarlle a velocidade ao vídeo a - 0,75 ou menos se o precisades)
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º e 6º E.P
EXAME: Última semana de Novembro (27 Nov a 1 de dec)
(Debes ser quen de tocar as partes A - B1 e B2 seguindo a armonía da peza)
TITORIAL
ALÓ ENTRE AS PALLAS (Tradicional galega)
NIVEL/CURSOS: 4º E.P
Decembro (sen exame)
NADAL DE LUINTRA (Berrogüetto)
NIVEL/CURSOS: 5º - 6º E.P
Decembro (sen exame)
CANCIÓN ORIXINAL
TITORIAL EN "Chordyfy" AQUÍ
VÍDEO TITORIAL
"BLUES DA CONVIVENCIA":
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º - 6º E.P
EXAMES:
- Primeiro control: 4ª semana de Xaneiro (días 22 a 26)
OBXECTIVO: Facer a secuencia de acordes fluída (sen seguir o acompañamento musical - cada un á súa velocidade pero sen retardar os cambios de acorde)
Podedes seguir a estructura dos acordes na propia letra da canción. Está cada acorde debaixo das sílabas onde xusto se fai o cambio de acorde.
- Segundo control: 2ª Semana de Febreiro (días 5 a 9)
OBXECTIVO: Debes ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música do blues da convivencia.
- Terceiro control: 1ª Semana de Marzo (días 4 a 8)
OBXECTIVO: Debes ser quen de tocar a canción enteira co ritmo do "meñique" seguindo a música do blues da convivencia. Todo o que traballamos desta variante está explicado a partir do minuto 11 do mesmo titorial co estamos a trabalar a canción.
Tamén vos deixo máis abaixo unha pequena ficha para que vos axude co tema do ritmo.
Retomamos este hit composto por e para todos os Ramalloseir@s para o "Proxecto de convivencia do centro", no que este ano iniciaremos novos retos.
Vídeo para estudar todos os "acordes" e o "riff final" deste blues!!
AUDIO PARA PRACTICAR DE CARA AO SEGUNDO EXAME,
CANDO TEÑADES DOMINADA A SECUENCIA DE ACORDES
(Podedes baixarlle a velocidade ao vídeo a - 0,75 ou menos se o precisades)
Outras actividades co Blues da Convivencia
Aula combo:
Tocaremos e cantaremos o blues con diferentes instrumentos e acompañamentos; baixo eléctrico, batería, PAD-Placas (xilófonos, metalófonos...), uso do micrófono, etc
IMAGINE (John Lennon):
Recuperamos este traballo do curso pasado.
OBXECTIVO: Seguirmos a idea de podermos interpretar esta fermosa canción o vindeiro 30 de xaneiro na conmemoración do día da paz. Para reivindicar todos/as xuntos/as o noso NON ÁS GUERRAS!!
NIVEL/CURSOS: 5º - 6º E.P
EXAME: NON (Peza voluntaria para subir nota)
FORMA/Estructura de acordes
INTRO/ParteA/Arpexio: C (x3) CM7(x1) F(x3) + melo enlace (2+4 con voz)
"Parte B"/PRE-Coro: F(x2) Am(x2) Dm(x2) F(x2) G(x4) (1 vez)
"Parte A"/Arpexio/VOZ: C (x3) CM7(x1) F(x3) + melo enlace (4 veces)
"Parte B"/PRE-Coro: F(x2) Am(x2) Dm(x2) F(x2) G(x4) (1 vez)
"Parte C"/Coro: F(x2) G(x2) C(x2) E7(x2) (3 veces) + F(x2) G(x2) C(x1)
e REPETIMOS "Parte A" + "Parte B" + "Parte C"
Decargar aquí ficha de acordes
Decargar aquí letra da canción en galego
Versión en galego para ukelele. Toca e segue a letra!!
"Canción orixinal": Cando a saibas practica con ela!!
"SI NO ESTÁS" (Íñigo Quintero):
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º - 6º E.P
EXAME: 4ª semana de Abril (días 22 a 26)
OBXECTIVO: Debes ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música e a guía de acordes do vídeo-titorial
FICHA DE ACORDES:
"AMIGOS" (Pablo Alborán e María Becerra):
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º - 6º E.P
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
OBXECTIVO: Debes ser quen de tocar a canción enteira seguindo a música e a guía de acordes do vídeo-titorial
FICHA DE ACORDES:
PEZAS ESCOLLIDAS DO PROXECTO
"MOSSA" (De Vacas)
(Nivel de dificultade: Medio-baixo)
Madriñas de 6º B = "Aulas Musicais"
//Dado que está a dar problemas o titorial na aplicación de Chordify, comparto titorial publicado en youtube//
"ROCK DO PAÍS" (Ruxe Ruxe)
(Nivel de dificultade: Medio-baixo)
Madriñas de 6º A = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
Letra e Karaoke aquí. Ollo!
https://www.musica.com/letras.asp?letra=2184373
"CHURRASCO DE MAMUT" (Pakolas)
(Nivel de dificultade: Medio-baixo)
Padriño de 4º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
FABRICANDO LUZ ("A banda da Loba").
(Nivel de dificultade: Medio_alto-baixo)
Madriñas de 5º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
EL ANILLO PA CUANDO ("De Vacas").
(Nivel de dificultade: Medio_alto-baixo)
Madriñas de 6º B = "Aulas Musicais"
EXAME: ª1ª semana de Xuño (días 3 a 7)
"CHOVE EN SANTIAGO" (Versión de ASTAROT)
2ª Proposta: (Nivel de dificultade: Medio_alto)
NIVEL/CURSO: Esta é unha das proposta seleccionadas especialmente para o curso de 6ºC polo proxecto "Aulas Musicais". Un dos temas máis fermosos dos seus padriños; "Astarot".
EXAME: Non faremos exame. Contará só para subir nota como actividade voluntaria!!
* Outros retos para esta avaliación:
NIVEL/CURSOS: 4º - 5º - 6º
Aprenderemos a tocar o sólo de ukelele e o papel de outros instrumentos acompañando o "Blues da convivencia"; Baixo eléctrico, batería e instrumental Orff.
Preme neste enlace para ver diferentes titoriais de batería e baixo eléctrico. E ir collendo así a técnica básica😉
PEZAS DESCARTADAS PARA ESTE CURSO:
* GREENSLEEVES (Tradicional celta)
Preme no nome para coñecer a información sobre este fermosa canción tradicional inglesa.
NIVEL/CURSO: 6º (Actividade voluntaria)
TITORIAL ACORDES E MELODÍA
RESULTADO TOCANDO MELODÍA E ACORDES
Preme no nome para coñecer a información sobre este espectacular e novidoso grupo galego de ukeleles.
NIVEL/CURSO: 5º e 6º
EXAME: Non faremos exame. Contará só para subir nota de forma voluntaria!!
- Armonía das estrofas e o retrouso: Cm Eb Ab Cm G7
- Armonía da "PONTE": Ab Eb G7 Cm (Cm-Bb-Ab) / BIS todo
(Sería onde cantan... "cando pensas que todo amainou...")
(Nota importante: O acorde de Cm é máis cómodo facelo cos dedos 2, 3 e 4 para facilitar a dixitación no cambio de acorde a Eb)
TITORIAL:
Arranxo en Chordify (Abrir neste enlace preferiblemente. O vídeo incrustado ás veces non carga ben os acordes editados en Chorify)
PETICIÓNS DO ALUMNADO. MATERIAL COMPLEMENTARIO
"PROGRAMABLE" DURANTE TODO O CURSO